morrinhAventuras

Entrades des de Desembre 2007

Que nos traerán os Reis?

Desembre 28, 2007 · Feu un comentari

E mira tí, que hai tempo que non escrevo aquí, coas miñas aventuras do capó-surf e o xeito que lle dou ás prácticas de labo, non hai quen escriba blogues nin mandangas. Así e todo, andan a pedirme outra vez que faga unha lista de bodas, anque non me vaia a casar, por que hai xente (non aos meus amigos de Biotec, que xa me sorprenderon cuns marabillosos accesorios, fantástica camiseta, e bazar zen) Imos aló:

  • Coma melómano, penso que hai dous discos que paga a pena ter orixinal, que sonAbsolute Garbage” de Garbage, e Dying To Say This To you de The Sounds
  • Tamén gustaríame recobrar o afluente lector, Con algún libro do fino humorista Luis Piedrahita(admirado compatriota afincado en los madriles) ou da activista Naomi Klein, autora de NoLogo.
  • Aínda que saibades o dificil que é regalarme fastuosos ropaxes, Apetéceme unha gorra con viseira e círculos. Os complementos son bastante garantía de éxito; como por exemplo, un chapeo a cuadros.
  • Tamén quero unha Moleskine, a axenda de picaso, na súa edición de Milano.
  • Un cadro enmarcado para colgar nalgunha habitación. Piett Mondrian e Roy Liechstein son sempre ben recibidos
  • Preciso tamén un xogo de té & Café, para outorgarlle aos meus convidados un fin decente de cada xantar que lles ofrezo.
  • Dende que ma roubaron o ano pasado, busco unha carteira, atención NON soporto o coiro, sen embargo un estampado de estreliñas estaría estupendo.
  • Agora que me deu por plancha-las miñas camisas, Tamén estará ben unha plancha de viaxe, Para levala a Barcelona, Milano ou Osaka.
  • E non podía faltar o sempiterno fetiche: Unha pluma estilográfica de peto.

E por se aínda andades faltos de ideas… linkévos a lista do ano pasado
O Correo do OfiuroMan: Dulce navidad, dulces regalos…

Categories: Uncategorized