Se o paramecio está consagrado ao xénero periodístico case por completo, onde meto eu agora aqueles textos que producín na máis tenra infancia, tolamente namorado…? Ou só polo feito de debuxar horteras sorrisos en horteras rapazas con horteras poemas, máis cun repolo con lazos. Debeu ser por iso que me metín de súpeto nunha prosa, ensaística, periodística e ás veces, narradora. Anyway, escoitando a unha das miñas (agora) poetisas e (xa hai tempo) persoas favoritas, acordei daqueles poemas, versos, rimas ou sinxelos sonetos renacentistas, que adicaba a unha “senhor” como trobador galaico-portugués. Con todo, a miña misoxinia, (e misoandria se nos poñemos serios), aumentou coa idade cual cultivo bacteriano. Hai tempo que non me adico a versar, xa que, asqueado das miñas horteras rimas, acabei por considera-las todas elas horteras. Sabía que a Srta Tasende escribiría de todo menos caramelizados e over-sugared poemas, serviu de inspiración para unha nova lirica descriptiva máis profundo que agora tento producir en noites de insomnio. Quizáis moi rebuscada, quizáis moi infantil, quizáis pouco innovadora, pero aínda así, miña.
Estou contento por crear isto, carente de rima pero non de ritmo, con contínuas aliteracións e diversas figuras e tropos de baixo calibre verbi gratia, metonimias sinécdoques, algún quiasmo e por fin, ningún barroco hipérbaton.
O problema ven, que despois de escribilas en papel, que é moito máis romántico, e consecuentemente, rebelde, á hora de pasalos a ordenador e entón revisalos, tópome que non sei onde metelos!
Ala! sidonie contaxioume a súa ledicia, non me apetece seguir torturándome, Xa os pasarei cando teña tempo, e quen sabe, quiza un 4º blogue para este tipo de cousiñas!!!
Para os malos tempos de la lírica: t.A.T.u – Nas ne Dagoniat
Para a ledicia anti productiva: Sidonie – Bla Bla Bla
Unha aperta que aínda sigo farinxítico

Cap resposta fins ara
Encara no hi ha comentaris... Engega la discussió tot emplenant el formulari.