morrinhAventuras

Entrades des de Juliol 2007

Vacanciones? Where?

Juliol 12, 2007 · Feu un comentari

A verdade e que estes días, con exames xa acabados, todavía non me permito o luxo de relaxarme.

A burocracia necesaria para levar a cabo unha estancia erasmus é incríbel. Foi onte e hoxe os primeiros días que mandei a tomar por saco a facultade… e aínda non teño claro que farei en milano o ano próximo. Non hai nada certo, excepto que obterei 6 créditos de libre elección por un cursiño de italiano, fago propostas e propostas de convalidación de asignaturas que ninguén responde. Moitas horas buscando temarios de materias propias e alleas, que semella que non sirve para moito. Certificados logo, para becas, bolsas e axudas ao estudio, de todo tipo: Fotocopias compulsadas, certificados académicos e máis papeleo que custa de topar, peregrinando por dependencias da Generalitat de Catalunya, da UAB e da Facultat de Biociències.
Todo para logo en Milano, tocar as narices sen nada que facer, sentíndome mal por perder un semestre académico.

Son partícipe do sistema¿? Son tamén eu burócrata?; Sempre nos quedará Trotski: Malditos Burócratas!

Déixovos cun simpático chiste do xenial forges

Categories: burocracia · erasmus